Aló Irmao

Despois de Guiné… Galiza
En decembro estivemos en Guiné-Bissau. Foi unha experiencia marabillosa que agora queremos trasladarvos en directo. Desde este sábado 12 ao sábado 19 de marzo estaremos en locais de Lalín, Compostela, Ourense, Lugo, A Coruña e O Porriño coa xira “Despois de Guiné Bissa”. Imos tocar temas do disco e presentarvos composicións novas que xurdiron desa viaxe a Guiné e que é probable que sexan a semente do futuro de Aló Irmao.

Manecas chega xa este venres para tocar no Luar e amosarlle a milleiros de galegos e galegos que ben soa o crioulo na súa voz. O sábado tocamos no Barriga Verde de Lalín e logo xa veñen as outras citas. Para o final quedará o noso concerto no Auditorio Municipal de Vigo, o 7 de abril. Estas son as datas en marzo:

Sábado 12 / 22:00 h / Barriga Verde / Lalín

Domingo 13 / 20:30 h / Casa das Crechas / Santiago de Compostela

Luns 14 / 22:30 h / Casa das Crechas / Santiago de Compostela

Martes 15 / 22:30 h / Casa das Crechas / Santiago de Compostela

Mércores 16 /  21:30 h / Café Auriense / Ourense

Xoves 17 / 23:00 h / Clavicémbalo / Lugo

Venres 18 / 23:00 h / Garufa / A Coruña

Sábado 19 / 23:30 h / Liceum / O Porriño

Busca o local que che queda máis próximo… e alí nos encontramos, irmao!

Éxito nos concertos en Bissau
Desde que chegamos a Guiné Bissau, estamos comprobando a importancia que o noso proxecto ten aquí e o aprezo dos guineanos por Manecas e por Aló Irmao. Esta fin de semana fixemos dous concertos en Bissau, nos que ese cariño estourou finalmente. Antes estivemos promocionándoos por varias emisoras de radio da cidade, con entrevistas e interpretacións en directos dalgúns temas. Desde todas as partes do país chegaban chamadas emotivas que deixan claro até que punto esta terra que tanto sufriu nos últimos tempos está ansiosa de vivir os froitos do camiño da paz, da educación, do progreso… O país, aínda tocado polas marcas da guerra, transmite unha vontade firme de saír adiante, e parece que moitos recoñecen en Manecas e no proxecto Alo Irmao un símbolo desa vontade e desa esperanza.

As entrevistas na radio e a promoción na rúa a base de carteis e coches anuncio contribuíron a aumentar a expectación polos concertos. Foi un traballo magnífico desenvolto pola equipa de producción do club de amigos de Manecas Costa, moi comprometidos co desenvolvemento do seu país, coa cultura como elemento central. Foi unha auténtica novidade en Guiné que o club de fans dun artista organizase un concerto, coa imprescindible colaboración do Hotel Azalaï. O club de fans inclúe ao empresario Carlos Silva, un auténtico mecenas que permitiu traer a Aló Irmao a Guiné.

A proba definitiva do éxito dese traballo foron os concertos. No pimeiro, o sábado no Hotel Azalaï, o público incluía moitos seguidores de Aló Irmao e unha importante cantidade de personalidades como a ministra de Economía, o ministro de Turismo, o secretario Xeral de Cultura, varios secretarios de estado, o presidente da Cámara de Comercio, varios cónsules e agregados e figuras de referencia no mundo da empresa. O domingo tocamos na sala Lenox, unha sala de 600 persoas cun público máis popular, que se encheu para o noso concerto.

Foron dous concertos cheos de calor, nos que Manecas tocou tamén algúns dos seus temas históricos ante a insistencia do público, e os dous improvisamos un tema novo co que andamos xogando nas probas de son e nas festas ás que estamos asistindo nas casas dos amigos de Manecas. Aló seguimos, e pronto vos contaremos máis cousas da nosa estadía en Guiné Bissau.

En Guiné Bissau
Vimos de iniciar un dos nosos soños desde que comezamos co proxecto Aló Irmao: levar a nosa música a Guiné Bissau, o país de Manecas. Do 9 ao 15 de decembro estaremos aquí ofrecendo concertos, presentando o noso proxecto en escolas e compartindo a nosa música. Con toda a humildade, pretendemos ser unha porta ao optimismo, un exemplo das posibilidades dos guineenses para achegar cousas fermosas ao mundo. Aló Irmao non é máis que un anaco de Guiné Bissau xuntado cun anaco de Galiza para crear un proxecto de música e esperanza.

Hai unhas horas chegamos á terra de Amílcar Cabral, onde fomos recibidos con grandísimo afecto. Durante a viaxe en avión, Manecas foi constantemente felicitado no avión por embaixadores, cónsules e ministros que chegaban dunha convención de Nacións Unidas en Nova York. Moitos dos viaxeiros dábannos os parabéns pola nosa música ou polas entrevistas que viron na RTP. Agora que percibimos a expectación que levantou Aló irmao notamos que a responsabilidade é moi grande. A importancia de Manecas, de Aló Irmao e do noso número 1 na RDP África é maior do que imaxinaba: os guineenses están orgullosos pola pola trascendencia do proxecto e a súa contribución a unha imaxe positiva do seu país.

As nosas primeiras citas en Guiné son un concerto este sábado no Hotel Azalaï 24 de Setembro e outro o domingo na sala Lenox, os dous en Bissau. Tamén están previstas varias entrevistas de radio e unha visita oficial ao primeiro ministro do país, Carlos Gomes Junior. Irémosvos contando máis cousas da nosa estadía en Guiné Bissau, que polas miñas primeiras impresións é un país con ganas de saír adiante con forza e esperanza no futuro.

Dúas semanas na tele portuguesa
Nas dúas últimas semanas a RTP África, a RTP 2 e a RTP Internacional estiveron pasando varias veces e a diferentes horas reportaxes sobre o noso proxecto, achegando a ducias de miles de persoas en Portugal e nos países lusófonos do mundo a esencia de Aló Irmao. Ese público multiplicouse hai un par de días cando o Jornal da Tarde da RTP 1, o máis seguido de Portugal, incluíu en horario de máxima audiencia unha reportaxe de máis de dous minutos sobre o proxecto.

Poderíamos adornar con moitos adxectivos o importante que é para nós que Aló Irmao se meta así nos fogares de tanta xente, pero iso ben volo podedes imaxinar. Deixámosvos só con estas reportaxes tan coidadas, feitas con mimo. A máis longa e completa, que se pasou varias veces pola RTP 2 e a RTP África, é a que esta ao inicio deste post. E aquí vos van as ligazóns a outras dúas: a reportaxe que cerrou o programa Repórter África e a reportaxe incluída no Jornal da Tarde (esta pode verse a partir do minuto 11).

Quero ser tambor en Porto
Oh vello Deus dos homens

Eu quero ser tambor

E nem rio

E nem flor

E nem zagaia por enquanto

E nem mesmo poesia

Só tambor ecoando como a canção da força e da vida

Só tambor noite e dia

Así rematou a presentación de Aló Irmao en Porto: co público mergullado nos versos de  José Craveirinha e a forza do tambor muller, o tambor de agua. Foi unha presentación de pequeno formato no fórum do FNAC NorteShopping, co obxectivo de acompañar a saída do disco en Portugal. Os que nos coñecían agardaban nas cadeiras a que comezase a actuación, e moita outra xente foise incorporando pouco a pouco atraídos polos sons de “Aló Irmao”, “Emigrante”, “Esta noite” ou “Woman rain”. Tivemos a oportunidade de curiosear en que andel colocan os nosos discos: estamos na sección dedicada á música dos países lusófonos. Esta tamén é unha boa noticia para a nosa música.

Despois de Lisboa chega Porto
Este domingo imos darlle un novo empuxón á difusión do proxecto Aló Irmao en Portugal. Despois de presentar o mes pasado o disco en Lisboa, agora facémolo en Porto. Desta volta será no FNAC NorteShopping o domingo 7 ás 16 horas. Agardamos que ata alí se achegue público e prensa do Norte, e seguro que se deixa caer algún que outro desde Galiza…

A de Porto será a nosa última presencia desta beira do Atlántico antes de cruzalo para volver a Brasil. É a terceira vez que imos alá en pouco máis dun ano. Sentimos como se aquela tamén fose a Casa Aló Irmao, non só pola frecuencia coa que imos, senón sobre todo polo agarimo co que nos reciben e aprecian a nosa música. Pero disto xa falaremos máis adiante. Deixámosvos coa gravación de Músicas Posibles, o programa que dirixe e presenta en Radio 3 Lara López, que este sábado dedicou a metade da súa duración a Aló Irmao. Non o esperábamos, así que a sorpresa foi aínda máis agradable.

Aló Irmao! (Músicas Posibles)
<object id="RTVEPlayer" data='http://www.rtve.es/swf/v2/RTVEPlayer.swf?assetID=915581_es_audios&location=embed' width="425" height="45"><param name="movie" value='http://www.rtve.es/swf/v2/RTVEPlayer.swf?assetID=915581_es_audios&location=embed' /><param name="wmode" value="opaque" /><param name="allowFullScreen" value="true"/><param name="allowScriptAccess" value="always"/></object>

Lisboa está na onda “Aló Irmao”
Pasamos as últimas dúas semanas en Lisboa, mergullados na promoción do disco. Xusto antes vos anunciabamos que Aló Irmao! xa estaba nas rúas de Portugal. Referiámonos a que o disco se podía mercar nas tendas do país, pero esta semana pasada decatámonos de que esa afirmación ten tamén un significado literal: “aló irmão” escóitase polas rúas de Lisboa como unha nova forma de saúdo entre a comunidade africana: “Aló irmão, tudo bem?”. Contóunolo o xornalista Waldir Araujo, do portal de información sobre Guiné Bissau Djumbai.

Ese calor do público africano e portugués sentímolo na presentación do disco que fixemos o domingo 10 no FNAC Chiado. Imaxes, palabras e música servíronos para abrir o apetito dos que ata agora só escoitaran algún tema na radio. Foi unha actuación breve de pequeno formato que nos serviu para confirmar que o noso proxecto ten moito tirón ao sur do Miño.

Despois da presentación en Lisboa, esta semana pasada estivemos en varios programas da radio e da televisión públicas, comezando polo “Música sem espinhas” do Nuno Sardinha, unha das persoas que máis forte está a apostar porque o noso nome e a nosa música soe en Portugal e na África de lingua lusa. Tamén na RTP estivemos coa xornalista Carla Adão do magazine cultural “Áfric@ Global”; e con Kadidja Tavares Pinto Monteiro, que presenta o programa “Nós” e é coordenadora do “Reporter África”. Foron dous días de entrevistas que farán que nas próximas semanas se nos escoite na RDP África e se nos vexa na RTP 1, RTP2, RTP  África e RTP Internacional.

Así que, pouco a pouco, facémonos ver e oír tamén en Portugal e toda a Lusofonía. Aló irmao!

O disco xa está á venda en Portugal
Esta semana abrimos unha nova porta da casa de Aló Irmao: o noso disco xa está á venda en Portugal. Desde que o tema “Aló Irmao” chegara este verán ao número 1 do top ten da RDP África, moita xente en Lisboa, Porto e outras cidades nos preguntaba cando poderían mercar o disco. Houbo que esperar a que pasara o verán, pero por fin está xa dispoñible nas tendas de discos de todo o país, distribuído por Compact Records.

Para dalo a coñecer ao público e á prensa, este mes imos facer algunhas presentacións en tendas FNAC. A primeira será no FNAC Chiado de Lisboa o domingo 10 de outubro ás 18.30 horas. Alí falaremos do disco, exhibiremos unha mostra do vídeo do concerto que realizou Xavier Belho e interpretaremos algúns dos temas presentes no traballo. Se esta fin de semana andades por Lisboa, esperámosvos alí.

Chegamos ao número 1 na RDP África!
<object width="400" height="265"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=13473099&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" /><embed src="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=13473099&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" width="400" height="265"></embed></object>

Este comentario no blogue non quere soar fachendoso, pero estamos tan contentos como para lanzarnos a presumir: somos número 1 no top ten da RDP África! Pasei a fin de semana en Lisboa, e a cada pouco tiña chamada de Manecas: “Narife!, vai saír agora!”. Avisábame de que emitían algún dos nosos temas na radio ou na tele. É abraiante, soamos con bastante frecuencia, e a proba diso é que esta semana o tema “Aló Irmao” chegou ao número 1 do “Top As 10 + Sem Espinhas”. O número 1 do hit parade da RDP África!

Chegamos ao número 1 despois de catro semanas na lista, tomando o relevo de “Mozamverde”, de Otis e Tito Paris. Manecas está máis que orgulloso de chegar ao máis alto desta lista, que recolle a música que máis pega no ámbito dos países lusófonos de África. Tamén eu estou entusiasmado: creo que son o primeiro galego en choutar ata o cumio da lista. Para nós é un gran éxito, indicativo de que a nosa música está a conectar co público portugués e africano, e que estamos en condicións de abrir novas portas nestes dous ámbitos.

Imos celebralo como mellor sabemos, tocando. Este venres 23 de xullo estaremos na Coruña, nun concerto incluído no ciclo “Sons de noite”. Será ás 22.30 horas no Castelo de San Antón. Alí nos vemos.

(O vídeo recolle a emisión do top ten na RTP África. Se queredes ver o número 1, podedes saltar ata o minuto 4′23”).

Ondas portuarias e radiofónicas
Xa tiñamos saudades de ter a Antonio na mesa de son. En Ferrol foi posible, e nós notámolo: o do sábado foi un dos nosos mellores até agora. A pena é que de novo tropezamos co mundial de fútbol: se en Londres coincidimos co Inglaterra-Alemaña, aquí o concerto cadrou co partido España-Paraguay. Iso fixo que houbera menos público do agardado, pero creo que os que estiveron apreciaron o concerto. Creo que se notou que viñamos moi contentos de Londres, o que se transmitiu á música. Tamén quedamos encantados coa xente de aCentral Folque, que xestionan o ciclo Músicas Portuarias: demostraron que mesmo en tempos difíciles se poden facer as cousas con cariño e paixón. Bravo por eles e  grazas en especial a Mauro e Nuria, que nos acompañaron nese día.

Polo demais, seguimos vendo como o noso disco consegue boas críticas. Se a semana pasada celebrabamos que entrara no Top 10 do playlist “As 10 + sem espinhas” da RDP África, temos que dicirvos que esta semana subimos ata o número 4! E aínda estes día puidemos escoitar os comentarios de José Miguel López verteu semanas atrás sobre o disco no seu programa “Discópolis“, de Radio 3. “Impresionante”, “unha edición fantástica dun traballo fantástico”, “un disco cheo de exquisiteces”, “unha marabilla, un traballo espléndido”, “aquí hai moita, moita calidade”. Cunha mestura de alegría e pudor compartimos con bos estes piropos que nos lanzou no programa. Palabras de quen sen dúbida é unha das máximas autoridades europeas en world music.