O Paraugas

Nievitas, ponme aí un ‘control’
O outro día un meu amigo ofertoume, choqueiramente entre caña e caña, axuda económica para que puxese as miñas contas ao día no BNG, non fose a ser que ficase excluído e non puidese participar na movida das listas electorais para as municipais.

Por outra, dende hai varios días anda polos xornais, impresos ou electrónicos, certa información sobre ese tema ao que se deu en chamar o asunto dos impagos de cotas de militantes do BNG.

Contáronme tamén que un membro feminino do Consello Nacional do BNG en plena batalla dialéctica sobre o que para moitos era unha “purga” para reequilibrar votantes dalgunhas asembleas nas que a UPG perdera a maioría -ante este proceso de reparto de cromos no que se ten convertido o das listas tamén no BNG-, espetou con toda a razón do mundo: Aquí os únicos bandos que existen son os dos que pagamos e os dos que non pagan. Obsérvese a firmeza e precisión no uso dos suxeitos dos verbos pagar e non pagar.

Eu, que teño domiciliadas as miñas contas militantes, como cáseque todo o mundo xa, aproveitando as vantaxes de Caixactiva fun comprobar, non fose que… respirei, pasáranme todas as contas. Uf!

Como teño unha amiga que tamén é militante do BNG chameina para ver se tamén tivera sorte coma min. Pois vai ser que non! Que putada! A verdade é que merece que a boten do BNG, porque estando enferma no hospital ingresada durante dous meses, non se enterou do aviso de que tiña un prazo para pagar cotas atrasadas, un descuido impropio dunha militante nacionalista. A verdade é que a xente usa o seu cancro como disculpa para calquera cousa!

Contáronme que hai casos dalgúns desaprensivos aos que o seu banco devolvera o recibo dun mes aló polo ano 2009 … e non se enteraran! Nin eles nin os que o ano pasado lles deixaron participar de todas formas na Asemblea Nacional. E agora estes morosos teñen o morro, perdón fuciños, de protestar e recorrer que lles retiren o dereito a voto por non ter pagado o seu banco un recibo ou dous hai un ano! Cousas veredes!

A verdade é que son moi desagradecidos, encima de que a burocracia do BNG se encarga de xirar os recibos no seu nome, de que se toma a molestia de traballar para eles… co ocupados que andan atarefados na supervivencia dos seus postos.

Non pretenderán que antes de elaborar o censo definitivo se lles comunique a súa exclusión para ver se teñen algo que dicir? Total só se trata de retirarlles o dereito a voto, poden ir ás asembleas, e incluso…falar!

Eu creo que co mal que anda a economía non se pode permitir semellante desfachatez, hai que botalos a todos.

Cómo boto en falla os tempos dos coroneis! A UPG xa non é o que era.

O futuro do BNG decídese na Coruña
Non é un titular grandilocuente. Ao contrario, axústase moito e ben á realidade.

O BNG, na súa concidión de máximo representante do nacionalismo e do galeguismo político hoxe, e tras de perder o paracaídas electoral que supoñía cogobernar na Xunta de Galicia, está nunha encrucillada histórica.

O peche en falso que supuxo a Asemblea Nacional de maio de 2009, onde non se solucionaron os problemas 1) organizativo, 2) de liderado, e sobre todo 3) de proxecto político que ten o BNG, iso unido ao pacto subscrito entre a UPG e o sector dirixente (maioritario?) de +BNG/+Galiza para pospór a celebración da Asemblea Nacional ordinaria que estaturiamente debía celebrarse este ano (no que é sen dúbida un golpe de estado contra os máis elementais principios democráticos sen parangón en ningunha outra forza política do noso contorno), ten colocado ás principais correntes e partidos que integran a organización nacionalista fronte ao espello da militancia, dos simpatizantes e da cidadanía galega.

Con permiso do resto de cidades, afirmo que na Coruña xógase o futuro do nacionalismo porque é nesta cidade onde se dan as circunstancias que van permitir retratar a cada unha destas correntes e partidos organizados do BNG como o que realmente son, ao estar obrigados todos eles a posicionarse en favor e en contra dunha visión do BNG, do nacionalismo e do País.

Non fai falta lembrar que nesta cidade un movimento plural e aberturista composto polas correntes do chamado tellismo, irmandiños, +BNG/+Galiza e militantes independentes afíns, movimento  autodenominado non casualmente Frente Ampla, foi quen de plantarlle cara e vencer á UPG, materializando na práctica a única opción de futuro que cabe para o BNG e o nacionalismo, lonxe do escurantismo e do resistencialismo.

Aquela victoria local de hai un ano cobra hoxe máis valor, se temos en conta que A Coruña está no albo do control da UPG desde hai unha década, decidida como está a facer da cidade herculina outra catástrofe electoral e social do nacionalismo semellante á que lograron en Ferrol. Á vista está que a UPG non se detén ante nada, e que se lle vai no envite o control do BNG prefire afundir o barco.

Contariamente ao que aconteceu na última Asemblea Nacional, e a diferenza tamén do que acontece noutras cidades, na Coruña a formación chave nos equilibrios políticos internos do BNG resulta ser +Galiza, papel que na maioría das comarcas e localidades do País corresponde ao Encontro Irmandiño ou á militancia verdadeiramente independente ou non-adscrita. Iso coloca a +Galiza na Coruña na situación de ter que decidir se ofrece os seus apoios a un lado -UPG- ou a outro -a lista aberta impulsada pola Frente Ampla. Presentar unha candidatura de seu equivale na práctica a concederlle a vitoria á UPG. Clamar por unha unidade tan artificial como imposible é transmitirlle á maioría do electorado do BNG, nacionalistas e galeguistas, cidadáns e xuventude, que o Bloque retorna no tempo cara atrás, xustificando os tópicos moitas veces fundados dunhas formas e un fondo tinguidos de fundamentalismo e estalinismo.

Con esta decisión que non pode eludir, +Galiza demostrará ou non se aspira a construír unha maioría natural e lóxica que poida facer do BNG un proxecto político diferente e de novo ilusionante, ou se pola contra prefire xogar ao tacticismo. No último ano o comportamento político de +Galiza no Consello Nacional do Bloque consistiu en repartir apoios a un lado e a outro, mantendo as aparencias, dun lado, pero do outro, nos temas realmente decisivos e que condicionan o reparto de poder e o funcionamento do BNG (como a celebración da Asemblea Nacional), adoptando unha política pactista que procura contemporizar mentres o futuro do nacionalismo se incendia. Todo a cambio de solucionar unicamente os intereses (lexítimos pero unicamente persoais) daqueles que andan á busca desesperada dunha cadeira (desas que cada vez son máis escasas na minguante representación institucional do BNG, e que as eleccións municipais vindeiras tamén axudarán a reducir se alguén non revoluciona o actual estado catatónico do Bloque). Quizá tamén axude o desexo de algúns de tentar borrar do mapa unha das poucas prazas fortes que os irmandiños teñen no País (A Coruña), pensando nun hipotético horizonte de falso bipartidismo dentro do BNG: UPG e marca blanca da U con candidato permanentemente secuestrado.

Neste panorama desolador para os cidadáns e os militantes nacionalistas que aínda teñen a esperanza de enxergar no BNG algo parecido a unha reacción, cobra máis valor o valente paso adiante dado hoxe por Henrique Tello, primeiro tenente de alcalde do Concello da Coruña, anunciando publicamente a súa decisión de non volver presentarse como candidato nacionalista nas eleccións municipais do próximo ano.

Tello, que leva sendo o candidato do BNG na Coruña desde o ano 1987, liderou o proxecto de confluencia e modernización que o nacionalismo andou durante os anos 90, e con máis acertos que fallos conseguiu conducilo desde a marxinalidade até máis de 30.000 votos e 6 concelleiros, facéndoo entrar por segunda vez no goberno municipal coruñés em 1995 (lémbrese a alcaldía lograda por Domingos Merino nas primeiras eleccións municipais democráticas do ano 1979 como candidato de Unidade Galega e antes de todo o que supuxo a longa e etapa do vazquismo como desnaturalización da esquerda política na cidade).

Tello abandonou a UPG e por tanto coñece ben as súas interioridades, a súa forma de funcionar a nivel organizativo e a invalidez do seu proxecto político para estar na sociedade transformándoa, e non creando mundos paralelos e analizando o país á marxe da realidade. Participou do movimento orixinal e xenuíno dos non adscritos antes da súa disolución, e sempre estivo comprometido cunha visión aberturista do BNG. Xa non se trata só de que no Bloque malvivan dous estilos ou sensibilidades distintas, nin sequera se trata de que haxa un BNG ideolóxico e outro de xestión que el viría a representar. Trátase simplemente de queexiste unha única vía posible de transformación política do nacionalismo, esa que garante a súa pervivencia no futuro e que non o condena á marxinalidade social e electoral. Esa na que estivo e está aínda Tello.

Se a renovación do BNG na Coruña pasaba pola súa persoa, que ninguén dubide que vimos de asistir á derradeira lección do mestre, en palabras de Castelao. O problema está, como sabemos, no que entenden algúns por renovación: cargarse a todo aquel que non pensa coma eles, nunha mostra de como se derrama o capital humano e político acumulado polo nacionalismo durante décadas. Que lle pregunten senón a Beiras ou a Camilo Nogueira. A figura de Tello ten difícil recambio mais coa súa decisión ábrese a posibilidade de que dunha vez por todas se materialice o cambio verdadeiro que a xente espera, dando paso ao novo proxecto político que debe ofrecer o BNG á sociedade galega e coruñesa.

É claro que por representación numérica compételle a +Galiza a responsabilidade de liderar ese proceso no conxunto do País. Calquera militante de base co que se fale chegou xa á mesma conclusión: diante da involución orgánica e electoral que vive o BNG, como é que +Galiza segue a contemporizar? A resposta esixe facermos un paseo pola propia natureza de +Galiza: un conglomerado de grupos e persoas que tentan substituír como folla de ruta a herdanza do quintanismo por outra cousa que nin é totalmente diferente nin se acaba de concretar. Porque non interesa ou porque non toca o certo é que +Galiza fai gala dun pactismo coa UPG que é para eles a única maneira de manter o poder municipal representado polo seu sindicato de alcaldes. +Galiza ten renunciado por activa e por pasiva a afrontar a derradeira batalla, e abrazando o lema-trampa da lealdade/unidade que foi a bandeira da UPG na pasada Asemblea Nacional, garda a esperanza de consolidar a súa cota de poder municipal e o feble liderado de Carlos Aymerich, quen sen dúbida aspira a ser candidato á presidencia polo BNG coa anuencia da UPG. Por iso +Galiza non amosa intención ningunha de afrontar a reformulación do proxecto nacionalista que a sociedade demanda ao BNG desde hai xa moitos anos.

Á luz desta composición inestable e da carencia dun proxecto político que vaia máis aló duns mínimos ridículos que xa se revelaron inútiles para o avance electoral e social BNG, e á vista desta táctica dilatoria é como hai que entender os estraños acontecementos acaecidos a +Galiza na cidade da Coruña.

+Galiza sufriu na Coruña unha forte crise interna, cunha loita pola dirección entre os diferentes grupos de interese que a compoñían, que se desatou ao se aproximar o proceso electoral das municipais, e que conduciu de entrada á destitución do seu representante electo no Consello Local do BNG da Coruña, Filipe Díez. Proseguiu co nomeamento dunha xestora imposta desde Santiago por Carlos Aymerich que rematou nunha confrontación de dúas listas para acabar finalmente por designar como candidato de consenso de +Galiza para o proceso electoral interno do BNG da Coruña novamente a Filipe Díez.

Ao mesmo tempo que isto acontecía, Antón Tenreiro, exUPG, exquintanista e agora ex+BNG/+Galiza, que apadriñaba a candidatura por +Galiza de Óscar Carballo, actual asesor técnico do concelleiro de deportes Xan Caxigal (quen por certo está xa con pé e medio fóra da UPG tras ser borrado dos posibles para a candidatura), non dubidou en denunciar publicamente na súa columna de Galicia Confidencial a marxinación do seu candidato e as manobras de Carlos Aymerich: Por unha présa de votos e A Coruña tiña un prezo. A súa visión do acontecido con +Galiza da Coruña ten continuidade no seu blog persoal: o bo, o feo e o malo, reflexións dun militante de +G da Coruña, +G ou algunhas preguntas que nunca terán resposta, Galicia precisa un novo nacionalismo e Houston, na Coruña temos un problema.

Chama a atención que de todo este proceso vivido por +Galiza da Coruña nin Carlos Amoedo nin o mesmo Filipe Díez, autores e administadores do sonado blog Renovar o BNG, escribiran até hoxe unha soa anotación sobre este tema. Aínda que falaron si, nun lugar pouco visible dos comentarios, tras un par de días decidiron borrar dita información.

Cal é a suposta manobra de Carlos Aymerich que denuncia Tenreiro? Ou cal é a xogada de Tenreiro que non gustou a Aymerich? Paralelamente a todo isto prodúcese un feito significativo: o abandono da Secretaría Xeral da Universidade da Coruña por parte de Xosé Manuel Carril, irmán do sindicalista da CIG Paulo Carril, coa intención non disimulada de presentarse como candidato da UPG na carreira electoral nacionalista da Coruña. A renuncia é peculiar porque o seu substituto no posto de Secretario da UDC é nin máis nin menos que Carlos Amoedo, man dereita/sinistra de Carlos Aymerich na Coruña desde os tempos en que xunto á compañía do agora espantado Tenreiro se dedicaban a facerlle a contra ao tellismo. E non só. Lembran Vostedes que no seu día Amoedo foi destituído por Ánxela Bugallo á fronte da Secretaría Xeral da Consellaría de Cultura da Xunta bipartita por perda de confianza? Para a Historia e para o arquivo de casos sen resolver quedaron as filtracións sobre os mojitos de La Habana.

Como se pon de manifesto, resulta difícil definir que é en realidade +Galiza, e non só na Coruña. Non é, desde logo e evidentemente, o que nos contan. Por desgraza, porque é unha verdadeira mágoa. Eles teñen a chave (por agora) do cambio de rumo do BNG. E por iso é crucial o que aconteza na Coruña. A compoñenda sempiterna e cansina entre os que son os mellores no peor da política, ou os protagonistas activos que porán os alicerces dunha verdadeira e urxente evolución do nacionalismo galego. Como Henrique Tello.