Actualidade
PUBLICIDADE
Destacada  O Xiria Pop pechou a temporada festivaleira a golpe de bo pop internacional
22 Setembro 2014 - 16:28 | Sen Comentarios
Xabier Grana diante dos cabezas de cartel os Tripwires no Xiria Pop 2014-Foto-Roberto Rey

Era a última cita festivaleira do verán, e como era de esperar, non defraudou. O Xiria Pop, xa na súa 16ª edición, é un todo un clásico da escena popeira galega, unha desas citas que congrega a varios centos de amantes da boa música, que loitan contra a ditadura da verbena no rural do país. [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Carballo

FIRMAS QPC
foto_opinador Paula García Costa

:: Welcome to London

Welcome to London

foto_opinador Mario Maceiras

:: O Prouxiarado

Cui prodest, Monte Pindo?

foto_opinador Domingo Guerra

:: Economía Municipal

Solvencia financeira municipal

foto_opinador Manuel Suárez Suárez

:: Lonxe de Montevideo

Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer

 
Cultura As Pedras e o Santuario da Barca foron purificadas por un grupo de Chamanas
22 Setembro 2014 - 13:24 | Sen Comentarios
Chamanas nas Pedras da Barca-Foto-Rafael Lema

Emotividade, enerxía, espiritualidade, áurea cósmica a que se vivíu en Muxía durante a fin de semana durante o Encontro do Círculo Planetario de Mulleres. Foron nada menos que 54 mulleres chegadas de Italia, España, Francia, Suiza e Arxentina as que queixeron honrar na tarde do domingo o Santuario neolítico e as Pedras da Punta da [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Cultura

PUBLICIDADE
Camariñas
Un showcooking de Adrián Felípez para pechar os cursos a hostaleiros de Camariñas
22 Setembro 2014 - 08:41 | Sen Comentarios
Adrian Felipez dara unha masterclass en Camarinas

Ás veces, as propostas formativas que se dan por sectores non acaban de chegar ao público obxectivo. E mira que hainas tan interesantes como masterclass ou showcooking que vai armar este martes 23 de setembro o cociñeiro convidado Adrián Felípez de Gastroconsulting en Camariñas. Felípez, en horario de 17.00 a 19.00h, estará no salón de [...]

Bisbarra
Carballo, senda do mar, a nova marca do Ecoturismo Razo-Baldaio
22 Setembro 2014 - 08:15 | Sen Comentarios
Praia de Razo

Xa está en marcha un novo proxecto de dinamización turística a través dos fongos europeos do GAC 3 – Costa da Morte. Desta volta, o Fórum Carballo acollía a presentación do Plan de Dinamización Ecoturismo Razo-Baldaio que persegue a creación dun destino turístico global na costa carballesa. Unha idea que nace co obxectivo de coordinar [...]

Bisbarra
TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco
22 Setembro 2014 - 07:54 | Sen Comentarios
Antonio Pensado alcalde Coristanco

Continúa o proceso xudicial en Coristanco aberto. A semana pasada declaraba durante 7 horas o alcalde Antonio Pensado no Xulgado de Carballo, e hoxe o grupo da oposición TeGa levanta a voz para seguir esixindo a dimisión dos imputados, e dar un paso adiante: vanse “persoar nas dilixencias previas que se están levando a cabo [...]

Cee
A Casa da Cultura de Cee estará lista por Nadal
22 Setembro 2014 - 07:45 | Sen Comentarios
Casa da Cultura de Cee

Así se conclúe da nota que nos envía o Departamento de Cultura do Concello de Cee, sobre os prazos para a matricula do curso 2014-15 nas escolas de música e teatro municipais. I é que as solicitudes de matrícula marchan a bo ritmo e no caso da Escola de Música xa hai preto de cen [...]

Vimianzo
O Xulgado declara sobreseída unha causa contra o alcalde de Vimianzo
22 Setembro 2014 - 07:38 | Sen Comentarios
Manuel Antelo

Apenas un dia despois de pasar declaración polo asunto da secretaria, o alcalde de Vimianzo tivo noticia do arquivo dunha causa aberta contra el a raíz dunha denuncia do concelleiro de IxV Manuel Soto.Manuel Soto acudira ao Cuartel da Garda Civil do municipio soneirán logo de que nun Pleno municipal non lle fose permitido presentar [...]

Bisbarra
Muros, Laxe e Camariñas presentes na Federación Provincial de Confrarías
22 Setembro 2014 - 07:00 | Sen Comentarios
Daniel Formoso Patron Maior de Muros-Foto-Confraria Cambados

Tiñan lugar esta fin de semana os comicios para os órganos de goberno das Federacións Proviciais de Confrarías de Pescadores. Este proceso é unha continuación do iniciado coa elección dos 63 patróns e vicepatróns maiores nas outras tantas confrarías de pescadores e amosa a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes. [...]

Vimianzo
Os maiores de Vimianzo cambian o Atlántico polo Mediterráneo
22 Setembro 2014 - 06:55 | Sen Comentarios
Maiores de Vimianzo en Benidorm

Menuda viaxe que se están a pegar máis dun cento de veciños e veciñas do Concello de Vimianzo nunha viaxe organizada para os maiores de 55 anos. Unha viaxe que espertou moito interese na veciñanza, que deseguido ocupou as prazas dispoñibles. Saíron de Vimianzo o pasado xoves pola tarde e logo de cear no Parador [...]

Carballo
O Fiotiño, ou como soñar unha noite de teatro
22 Setembro 2014 - 06:38 | Sen Comentarios
Fiotino 2014

Afondando no espírito que define a 23ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, a organización aproveita a efeméride dos 450 anos do nacemento do gran dramaturgo Shakespeare para roubar o título dunha das súas obras máis emblemáticas e atoparlle un novo sentido, dando nome ao campamento infantil do “Fiotiño”, que se estreou [...]

Cultura
O Forno da Costa, listo para unha cocedura
22 Setembro 2014 - 06:19 | Sen Comentarios
Forno da Costa-Oleria Buno-Malpica

Súmase ao patrimonio oleiro de Malpica o Forno da Costa, rehabilitado para a súa posta en valor nos últimos meses. As obras do conxunto arquitectónico e artesán, situado no centro de Buño, están practicamente rematadas, polo que xa o Forno da Costa, un dos máis emblemáticos de Buño, pasará a formar parte da ruta interior [...]

Camariñas
Camariñas, Vimianzo e Zas fomentan o emprendemento
22 Setembro 2014 - 06:12 | Sen Comentarios
Xornadas de Emprendemento de Vimianzo

Canto se necesitan estas Accións destinadas a fomentar o emprendemento e de formación para persoas desempregadas. I é que a día de hoxe o autoemprego é unha das poucas saídas que quedan sempre abertas.Así, a área de Promoción económica do Concello de Vimianzo desenvoverá, en colaboración coa Deputación da Coruña e cos concellos de Camariñas [...]