Sonsoles de Tenorio

Preparámonos para o Corpus de Pontevedra
Prezados alumnos,

Deixo neste blogue do que pasades bastante unha serie de partituras de pezas relacionadas coa festividade do Corpus de Pontevedra, pois é moi posible que vaiamos tocar na procesión coma o ano pasado. Este ano gustaría que nos prepararamos mellor así que imos comezar xa.

Como vedes hai dúas pezas:

Marcha de Xigantes: é unha especie de pasodobre bastante animado, moi sinxelo. Imos comezar por esta.

Chucurruchú: olvidade a marcha que tocamos o ano pasado, esta parécese moito pero é moito máis guay pois é unha versión para gaita feita por Fermín a partir dunha obra para 2 violíns e violonchelo dun músico que se chamaba Igrexas Vilarelle e foi un persoeiro destacado na Pontevedra da primeira metade do século XX.

Propoño que busquedes información sobre esta festividade que tanta sona ten en Pontevedra, información como:

Que se celebra

Dende cando se celebra en Pontevedra

En que consiste a celebración do Corpus en Pontevedra

Agardo as vosas aportacións, non me falledes

Sonsoles

Marcha de Xigantes de Corpus Para Acodeón

Marcha de Xigantes de Corpus Para Gaita

Marcha de Xigantes de Corpus Arquivo Midi Para Practicar

Chucurruchú Para Acordeón

Chucurruchú Para Gaita

Chucurruchú Midi Para Practicar

As fronteiras da arte: un tolo que asasinou a un can para facer unha obra de arte
No ano 2007, Guillermo Vargas Habacuc, un suposto ‘artista’, colleu un can abandonado da rúa, atouno a un vencello cortísimo na parede dunha galería de arte e deixouno alí para que morrese lentamente de fame e sede. Durante varios días, tanto o autor de semellante crueldade coma os visitantes da galería de arte presenciaron impasibles a agonía do pobre animal. Ata que finalmente morreu de inanición, seguramente tras pasar por un doloroso, absurdo e incomprensible calvario.

Pois iso non é todo: a prestixiosa Bienal Centroamericana de Arte decidiu, incomprensiblemente, que a animalada que acababa de cometer este suxeito era arte, e deste xeito tan incomprensible GuillermoVargas Habacuc foi invitado a repetir a súa cruel acción en dita Bienal en 2008.

Poderiamos discutir moito sobre se o que fixo este tío é arte ou non pero o que eu teño claro é que, aínda que o sexa, non debe ser repetida esta atrocidade ben sexa co beneplácito de capitalistas marchantes de arte e moito de menos ningunha institución «cultural».

Dáme noxo o mundo en que vivimos. Ata a arte, que debería ser un refuxio, forma de evasión e guía para os nosos espíritos esgotados pola competitividade, a tensión, a agresividade e a atrocidade desta depravada sociedade, non é máis que un vertedoiro co que, encima, uns poucos traficantes enriquécense. Estou farta de fealdade, crueldade e sadismo, iso vémolo todos os días na tele e ao noso ao redor.

Como consumidora de arte eu demando beleza no sentido máis clásico da verba que é do que máis carece o noso mundo.

Carballesa Midi
Vai tamén a «Carballesa«.

Carballesa Midi

San Bieito Midi
Velaquí tedes a versión midi da «Marcha de San Bieito» para que practiquedes a dixitación e, lembrade, o ritmo! Este formato de arquivo leo sen problemas o reprodutor de Windows que adoita estar instalado en case todas as computadoras. Os que non tedes internet na casa, se tedes unha memoria USB, un reprodutor de mp3, ou similar, podedes gardar as pezas para escoitalas na computadora da casa, ocupan moi pouco.

Xa sei que estas versións son moi cutres, pero ao pesar tan pouco, podo pendurar moitas. Son só unha ferramenta para que «fagades dedos», xa lle daremos o xeito na aula. Pouco a pouco irei subindo máis pezas.

San Bieito Midi

Ala! A practicar!

Marcha Procesional de San Bieito
Como prometera, vai a partitura a dúas voces da «Marcha Procesional de San Bieito«.

O venres tocarémola a dúas voces e darémola por sabida, os que aínda non a teñades segura practicade moito estes días que hai que seguir avanzando.

Ánimo!

Marcha procesional de San Benito

Alumnos avanzados: Carballesa
Para os alumnos que non comezades este ano deixo á vosa disposición a partitura orixinal da «Carballesa«, a transcrición de don Casto, non a adaptación que fixen eu para os que comezaban este ano.

Carballesa_avanzados

Como veredes, é practicamente igual pero hai dous detalliños que cambian. Gustaríame que analizarades a partitura con detemento, que detectedes os cambios e os toquedes, tal cual está no orixinal. Unha vez feito isto estaría ben incorporarlle algúns adornos que, aínda que non están na partitura, os gaiteiros adoitamos introducir, como ben sabedes. Podedes poñelos onde queirades e o venres escoitaremos todas as versións na aula. Para non liarvos empregade só picados e mordentes.

Áimo, que a inspiración os colla tocando!

Táboa para a dixitación en pechado do Val do Lérez
Velaquí tedes unha táboa na que se especifican as posicións da dixitación que empregamos na Aula dos Trazantes. Só están recollidas as notas da escala diatónica, é dicir, a escala natural, non a cromática. Máis adiante pendurarei unha táboa coas posicións desta última, pero, de momento, concentrádevos nesta. Táboa Dixitación Pechada

Vedes que falo de dixitación en pechado no Val do Lérez, isto é debido a que existen outros tipos de dixitación pechada dos que falaremos máis adiante. Nós seguimos ao mestre Ricardo Portela neste punto.

O importante é que lembredes que ao igual que existe unha dixitación en aberto, que é a empregada  masivamente polos gaiteiros de toda Galicia e que está máis ou menos unificada; que perviven por outra banda dixitacións que se cre que son máis antigas e que son chamadas pechadas. Algúns estudosos, como Pablo Carpintero, defenden, acertadamente, penso eu, que a maior parte dos gaiteiros que mantiveron viva a gaita galega empregaban dixitacións mixtas, que non eran nen abertas, nen pechadas, senón que mesturaban segundo lles conviña.

Actividades:

Falando de escalas diatónicas e cromáticas, alguén me pode falar un pouco máis polo miúdo da diferenza entre ambas?

Igual que fixemos con Casto Sampedro, busquemos información na rede sobre Ricardo Portela, biografía, discografía. Seguro que me tedes escoitado falar del na aula, e é un persoeiro que nos queda moi próximo, alguén me sabe dicir por que?

Alumnos de Iniciación: Carballesa
Comezamos o curso traballando aspectos rítmicos e métricos. Principiamos polos ritmos binarios e o compás de 2/4, no que é moi frecuente atopar escritos algúns tipos de ritmos da música tradicional galega.

Velaquí tedes a partitura en PDF dunha das pezas recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar: Carballesa_Iniciación. Neste caso trátase dunha adaptación para os alumnos que dan os seus primeiros pasos na dixitación pechada. As carballesas son bailes similares ás muiñeiras pero máis ledas e animadas (se é posible!) en canto ao ritmo, poden estar escritas en 2/4 ou en 6/8 (a maioría das muiñeiras adóitanse escribir neste último). Parece ser que o seu nome ven dado pola zona donde a maior parte delas foron recollidas, as terras de Carballiño, provincia de Ourense.

O Cancioneiro elaborado por Casto Sampedro y Folgar é unha fonte fundamental para coñecer a música tradicional galega. Invítovos a que, a través de internet ou outras fontes, afondedes na figura deste senlleiro personaxe, e me escribades os resultados das vosas procuras en comentarios a este artigo.

Por outra banda todos sabemos onde está O Carballiño, non si? Tamén podedes escribir cousas sobre esta vila e a súa comarca nos comentarios.

Ola Mundo!
Benvido ao blogue de Sonsoles de Tenorio, aínda estamos en obras, desculpade as molestias. Para os que esteades impacientes por saber o que vou pendurar aquí xa vos anuncio que non vai ser cousa do outro mundo, simplemente será un xeito de publicitar a miña actividade como música, ofrecer contacto rápido a posibles contratantes   e unha ferramenta para intercambiar recursos cos meus alumnos, optimizando así os soportes e contribuíndo a crear un mundo máis limpo e harmónico