Galicia Confidencial

Unha fiestra aberta nun mundo pechado

A CITA

A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témena tanto.
BERNARD SHAW
:::::info@galiciaconfidencial.com

José Luis Rodríguez Zapatero estivo en Galicia para comprometerse coas obras do AVE…

Pero o presidente español chegou a Boqueixón en helicóptero xunto con Emilio Pérez Touriño e dixo ter visto varios tramos do AVE dende o ceo. Unha vez en terra e a un quilómetro de distancia da xente que agardaba pola súa visita, tanto os que ían protestar coma os que non, Zapatero deixou claro que as obras da alta velocidade estarán listas en tempo e forma, aínda que evitou dar unha data. Na súa intervención mesmo chegou a dicir, “he visto los valles y los montes, de esta hermosa Galicia, cruzados de puentes y túneles”.

1 comentario a “Galicia, dende o ceo”

  1. Teño a seguridade case absoluta de que o AVE estará puntualmente no 2012.
    I entón, coa crise xa solucionada e con AVE en Galicia, veremos por fin o volco histórico no que o PSOE pase a ser a primeira forza nunhas xerais en Galicia. Ao tempo.
    Agora o prioritario é conservar a Xunta, só conservala, nas condicións que sexa.

    Oscar

Deixa a túa opinión